PRODUCTORES

A singularidade dun restaurante a marca en boa medida o territorio e nel, os provedores son o nexo de unión a esas materias primas selectas provenientes da agricultura e a pesca sostibles.

Porque reivindicamos a sostibilidade e a estacionalidade, as nosas mesas veñen marcadas polos produtos de tempada e de proximidade. En Culler non falamos só de cociñar un ámbito, senón de recuperalo, nun diálogo constante cos produtores e a permanente interacción con eles.

Traballamos con dúas hortas, a ecolóxica de Adelina, un pequeno paraíso ao lado do restaurante, e o Terreo Los Cuervos de Teo, preto de Santiago de Compostela, onde Santi Pérez perfecciona o produto ata límites incribles.

Promovemos a experimentación con ingredientes para ampliar a capacidade do comensal de sorprenderse, de captar diferenzas... para iso, consideramos fundamental e apoiamos este labor de investigación, indispensable para crear novas experiencias, ao tempo que estreitan lazos cos provedores, pois é precisamente o produto o eixe que vertebra o universo creado por Culler.

Non nos gustan as cartas estáticas e a aparición de novos produtos é sempre un estímulo para modificalas, completalas con máis argumentos e perseguir máis sabores potenciados e elevados que non se borren da memoria.