XANTAR

O espazo é esencial no noso discurso culinario: en Culler somos intérpretes do noso territorio, intentamos que o comensal sinta a terra usando produtos que veñen dela, cociñando o noso ámbito. O noso camiño gastronómico comeza nun lugar privilexiado e concibimos cada parte do edificio, a cociña, o restaurante enteiro como continuación do espazo, da paisaxe.

A ría de Arousa preside a sala dentro dun edificio minimalista no que as mesas da sala, pero tamén a cociña e outros espazos polivalentes miran dende os amplos ventanais á ría con Ribeira na outra beira, e os illotes de Noro e Vionta como referentes espaciais, todos eles amenizando a estanza do comensal.

A luz natural, a madeira e o cristal priman no edificio de Culler, queren ser reflexo do ámbito como o son tamén nosos menús e a nosa carta. Somos unha prolongación do mar e da terra e o que facemos é trasladar todo iso a pratos nos que o sabor é esencial, pero como todos os sentidos están interconectados, o conxunto de todos eles importa á hora de comer, saborear e divertirse na mesa.