Travesía Culler de Pau: o valor do local

Data de publicación: 15-06-2018

En Culler apostamos pola proximidade, polos produtos de cercanía deste mar, esta horta, esta terra prodixiosa dende a que relatamos, en cada prato, como fomos, como somos...

... Porque somos reflexo da paisaxe e da contorna

... Porque queremos ofrecer ao comensal pratos con memoria que relaten a nosa historia

... Porque habitamos un ecosistema dunha riqueza e diversidade de tal magnitude que nos permite desenvolver as nosas propostas gastronómicas máis persoais e creativas

... Porque xera riqueza no territorio

... Porque afianza identidade

... Porque nos fai especiais, diferentes, xenuínos, nin mellores nin peores que noutras culturas pero si únicos e intransferibles

... Porque queremos situar O Grove no mundo gastronómico sen complexos, sen limitacións, contribuíndo á difusión das  súas potencialidades e realidades diversas