GRACIAS Joxe Apezteguia!!

Fecha de publicación: 05-07-2017

Agradecemento infindo a Joxe Apezteguia Loyarte polo seu labor impregnado de alma e amor pola cociña, polos produtos, polo oficio, polas personas, polo Grove e por Galicia...
Durante este tempo realizou un traballo valiosísimo de estudo e recompilación dende as orixes de Culler ata a actualidade que nos levou a variar o noso particular ‘caos ordenado’ e convertelo en método creativo, e sempre involucrado no día a día como un máis de nós.
Hoxe presenta a súa tese no Basque Culinary Center e estaremos con el, presenciando o que sabemos será un éxito en recoñecemento ao rigor, ao esforzo e ao talento.
Confiamos en terte pronto nesta túa casa formando parte dun equipo que evolucionou e medrou contigo.

ATA PRONTO!!